Unha das preguntas obrigatorias en toda entrevista para a selección de un Responsable de RR. HH debería ser: que é a sustantividade propia?
A sustantividade propia é un dos requisitos indispensables para poder realizar un contrato por fin de obra. Pero que é? En Galiza fanse contratos por fin de obra a esgalla, non so na empresa privada senón tamén -e diría que especialmente- na empresa pública e na administración pública. Saben os Responsables -ou Irresponsables, segundo sepan respostar acertadamente a esta cuestión- de RR. HH. o que é a sustantividade propia?
Non é algo que veña definido no diccionario -de ningunha lingua, podédelo comprobar- nin en ningún código lexislativo. A sustantitividade propia e un dos conceptos abstractos, entre milleiros, que se utilizan na redacción de leis. Este aparece no artigo 15.a) do Estatuto do Traballador o sinalar que "...cando se contrate o traballador para a realización dunha obra ou servizo determinados, con autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa e cunha execución, aínda que limitada no tempo, en principio de duración incerta". Que é iso?
So hai unha resposta válida a esa pregunta: a que ofrece a xurisprudencia. A sustantividade propia é un concepto que non ofrece ningún tipo de conflicto xurídico entre diferentes sectores doctrinais. Todos están de acordo... agás algúns xuices de primeira instancia, algúns dos inspectores de traballo e os que en realidade son Irresponsables -e non responsables- de RR. HH. de certas empresas, públicas e privadas, así como de certas administracións.
Toda contratación por fin de obra debe reunir tanto os requisitos esixidos pola lei como pola xurisprudencia (ver Sentenza do Tribunal Supremo de 24 de abril de 2006 sobre Fraude de Lei), sobre todo os esixidos por esta última, que son:
a) Que a obra ou servizo que constitua o seu obxecto, presente autonomía e sustantividade propia dentro do que é a actividade laboral da empresa;
b) Que a sua execución, ainda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta;
c) Que se especifique e identifique no contrato, con precisión e claridad, a obra ou o servizo que constitue o seu obxecto; e
d) Que no desenrollo da relación laboral, o trabajador sexa normalmente ocupado na execución daquela ou no cumplimento deste e non en tarefas distintas.
Ten sustantividade propia dentro dunha empresa -ou administración- tódalas tarefas que non sexan habituais, normais ou permanentes.
Presumiranse por tempo indefinido os contratos temporais celebrados en fraude de lei.
Actualización a 6 de outubro de 2008
Achego copia dun artigo moi interesante de José María Lastras publicado en El país e acerca dos contratos de fin de obra en relación coas contratas feitas polas administracións públicas.
clica na imaxe para agrandar


























0 muiñadas:
Publicar un comentario en la entrada