MOENDO DO REVÉS

mOendo do Revés" mudouse a www.mOendo.net

fai clic aquí para ir a mOendo.net

martes, junio 02, 2009

desesperante lista de espera



máis... aquí.

viernes, marzo 06, 2009

Ninguén por riba de nos

A sociedade galega, farta de ser asoballada, mobilizouse polo cambio en 2005, sendo os movementos sociais os grandes precursores do cambio de goberno. O bipartito, nestes anos de goberno demostrou non entender nada do que os galegos votaron naquel momento. Cando Galiza berraba na rúa NUNCA MÁIS non se refería só os petroleiros, senón tamén ós políticos deshonestos, autocráticos, sectarios,... referíase, como non, ó caciquismo e ó nepotismo. E non berraban só contra o poder político, senón tamén contra o poder económico e mediático: un porque expolia os nosos recursos e destrúe a nosa paisaxe; o outro porque garda silencio, no mellor dos casos.

segue lendo en mOendo.net

Vai chover!

Nunha sociedade existen certas normas que ten a característica remarcable de pasar desapercibidas, incluso para quen as cumple. Son as normas implícitas. Polo xeral non sabemos que son normas e, por descontado, non están escritas en ningunha parte.

Un exemplo deste tipo de normas son as que regulan as accións das persoas nun ascensor, ainda que as mesmas normas ben poderían servir para regular a convivencia que algúns queren para o seu partido político.

Algunhas normas implícitas son xerais de tódolos ascensores e outras son específicas segundo o ascensor sexa dunha vivenda ou dun edificio de oficinas, si se encontra nunha cidade grande ou nun pobo pequeno, etc. Do mesmo xeito, o comportamento político dunha persoa non vai selo mesmo segundo se atope nunha reunión de amigos, nunha Asemblea Local, Comarcal ou Nacional. Nos ascensores o silencio é a norma principal. Nunha Asemblea, a diferencia da reunión de amigos, tamén é desexable estar calado, ainda que esta norma pode chocar con outra que promova a comunicación entre persoas. Cando isto pasa, por exemplo, nos momentos previos a celebración, a norma que sucede á do silencio é a de falar dun tema máis neutro e con menos implicacións persoais e políticas posibles, é dicir, do tempo que fai. Si se manten o silencio, encontramos tamén outras normas como, por exemplo, non mirar directamente ás outras persoas, evitando, sobre todo, o contacto ocular e, en todo caso, mirar ás paredes as luces, o espello (non demasiado para que os demais non pensen que somos uns presumidos ou que os asexamos mediante o espello) ou porse a ler calquer cousa, coma nun ascensor, cando lemos por millonésima vez as instruccións de uso e as limitacións de persoas e peso. Si é posible, hai que deixar o máximo espacio posible entre persoas e evitar calquer contacto físico entre desconocidos; si esto non é posible, hai que expresar de forma clara, ainda que non verbalmente, a incomodidade que nos provoca tal situación. O importante nun ascensor, como nunha reunión dun partido político, é non incomodar a ninguén, especialmente, neste último caso, a quen ten algunha responsabilidade política. Sería o mesmo que irlle "tocando as pelotas" ó técnico do ascensor. Claro que,... un partido político non é un ascensor.

Falamos do tempo?

O BNG é dos militantes e non dos burócratas que se aferran á poltrona

Dimisión XA de tódolos membros da Executiva Nacional e se convocatoria dunha Asemblea Nacional Ordinaria para toda a militancia, unha Asemblea que "non pode ser organizada e, polo tanto, controlada polo mesmo aparato vertical de poder que provocou a catástrofe que estamos vivindo. Sería un fraude a militancia".

martes, marzo 03, 2009

Bartleby en Galiza

Non son poucos os seguidores e defensores do bipartito que se quedaron de pedra logo dos resultados electorais de onte. Querían caldo (gañar subindo a participación) e tiveron dúas tazas. Non deixa un de sorprenderse ó ver ata que punto confunde algunha xente desexos e realidades, proxectos políticos e identidades persoais.

En toda esta frustración hai sen dúbida moito narcisismo, pero sobre todo, pouca comprensión dos cambios políticos da última década. E a pesar de que un leva todo este tempo insistindo en que a política do movemento transformou e continuará transformando o panorama político, os que aspiran a ser a interface representativa das loitas sociais nas institucións do gobierno representativo (os que o fan honestamente, queremos dicir) non parecen querer darse conta. Tanto peor… para cantos padecemos as consecuencias das políticas neoliberais (e non só para os que fixeron campaña).

Segue lendo en mOendo.net

lunes, marzo 02, 2009

Vas caer!

Para anunciar caidas logo de producirse os galegos non temos prezo. Sempre estamos aí á espreita, e zas!, en canto alguén da cos fuciños no chan soltámolo: vas caer!

Lendo e escoitando as análises políticas da a impresión de que todo o mundo o vía vir pero, que casualidade, ninguén dixo nada. Porque? É obvio, porque advertindo a caida antes de producirse podían correxir o comportamento do receptor, podían facer cambiar o rumbo que estaba seguindo e, con este cambio, evitar o tropezón. E claro, ó cambiar o seu comportamento o receptor, o emisor equivocaríase na súa predición. Ese é o problema de dicir vas caer! antes de tempo: o receptor terá máis coidado, evitará a caída e deixará en mal lugar a quen deu o aviso.

Segue lendo en mOendo.net

viernes, febrero 27, 2009

Plan Gavilanes

Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local co menor custo posible, e dicir, por debaixo do presuposto aprobado para logo destinar o diñeiro sobrante a amortización de deuda, a outras obras non presupostadas -cacicadas, xeralmente- ou quen sabe pra que...
Segue lendo en
mOendo.net
...

jueves, febrero 26, 2009

E para reflexionar... todos de excursión!

Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha "charla" por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos "señores" do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda "casa por casa" pedindo o voto ós veciños, tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.

Segue o fío en mOendo.net | en chuza! | en menéame

miércoles, febrero 25, 2009

A terra prometida

Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos "o habido e por haber". Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que "amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a facer cousas ás que ninguén se atreveu en Galicia ata o momento". Cando escribiu isto seguramente non imaxinaba o que ía pasar pouco despois... Pois poucas horas pasaron ata que me entero que o Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda.

segue lendo en mOendo.net | a nova en chuza! | a nova en menéame


Escribir moito [...] é un gran pracer, sobre todo si se ten algo que decir.

Josep Pla (Palafrugell 1897 - Llofriu 1981)
Notes disperses  (1969)

subscrípcións

RSS 2.0

Bloguzz


BNG
Movemento ao Socialismo
Foro Social Galego
Galiza Non Se Vende
Corrubedo Non Se Vende
Galiza Sempre
Sindicato Labrego Galego
Verdegaia
SOS Courel
Altermundo
xgaliza
Encontro Irmandiño
Confederación Intersindical Galega
GZNación
Vieiros
A Nosa Terra
Galicia Hoxe
Xornal de Galicia
Tempos Dixital
xOrnal
Irmandiños Ourense
mOendo.net

quen é o muiñeiro?

Mi foto
xOsse dorrío
Ourense, Galiza
Ver todo mi perfil

e que ten moido?

acerca deste blog

Este é un blog de opinións, reflexións e análise da actualidade política galega e o mundo que a rodea. Con el quero facer unha invitación ó lector a pensar diferente, a que se atreva a pensar contra o que sempre creu. Aquí radica, precisamente, a dificultade para comprender a realidade: por en dúbida o noso sentido común.

que hai de min?

pois teño un pouco de todo: aberto, agnóstico, ambicioso, ambiguo, atrevido, autocrítico, blogueiro, bloqueiro, bo, capacitado, colectivista, crítico, deportista, doante, ecoloxista, futboleiro, galego, humano, idealista, individualista, internauta, introvertido, irmandiño, karateca, lector, legal, mañoso, mnemónico, muiñeiro, nacionalista, observador, ocorrente, orgulloso, perspicaz, politólogo, [sobradamente] preparado, quebracabezas, reflexivo, responsable, rebelde, sinceiro, solidario, teimudo, tradicionalista, urbano, valente, vixiante, xeneroso, xoven, xurista, xusto.

Seguidores

outras muiñadas

sementes vellas


 

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.